Bono lixo

En finanzas, un bono lixo é un título de renda fixa que ten un alto risco de falta de pagamento e que en contraprestación ten que pagar uns xuros máis altos, xeralmente emitido por unha entidade pouco coñecida ou de mala recomendación.[1]

Son (bono de grao non-investimento, bono de grao especulativo) bonos de baixa cualificación crediticia que están clasificados por baixo do denominado grao de investimento. Estes bonos teñen un alto risco de suspensión de pagos ou outros eventos crediticios adversos, pero tipicamente pagan máis dividendos cós bonos de mellor calidade para facelos atractivos aos investidores.

  1. Hernández, Gustavo. Universidad Cooperativa de Colombia, ed. Diccionario de economía. ISBN 958-8205-80-8. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search